O goberno tránsfuga perde a subvención para contratar persoal técnico de turismo
No anterior exercicio, a subvención da Deputación provincial da Coruña aportou ás arcas municipais 19.750€, segundo o publicado no BOP nº59 do 28 de marzo de 2022, e permitiría a incorporación dun Técnico para impulsar actividades e programas que contribuan aos estímulo da práctica da actividade turística, impulsando o desenvolvemento económico e social da vila a través da actividade turística e da mellora integral do destino. A falta deste personal traducirase nunha merma do servizo, especialmente, acusable nos meses de verán, deixando o servizo desantendido.