A Terraza
Novas
A Terraza

Que pasa co edificio da Terraza?

Sada convive co paradoxo de celebrar anualmente unha “feira modernista” ao pé do edificio modernista por excelencia mentres este se deteriora ata a decadencia

Ler novas
Novas

Un Auto da Audiencia Nacional desestima suspender a denegación da prórroga da concesión da Terraza

O edificio da Terraza foi ubicado nuns terreos de concesión administrativa por Real Orde de 20 de xullo de 1922 para ser destinado a “venta de refrescos e licores na Praia de Sada” e esa concesión caducou sen posibilidades de ser prorrogada, como así o indicou a Dirección Xeral da costa e o mar na Resolución de 11 de febreiro de 2021. Esta Resolución que foi recurrida polos antiguos concesionarios e que está pendente de sentenza, polo que neste momento  é propiedade do Estado

Ler novas
Novas
Terraza

Levamos novamente ao Congreso a petición de transferencia e rehabilitación da Terraza de Sada

O Grupo Parlamentario Plural, a instancia do deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG), Néstor Rego Candamil ven de presentar unha nova Proposición Non de Lei e unha serie de preguntas formais ao Goberno sobre o estado actual do edificio Modernista da Terraza de Sada. Tras a denegación da prórroga solicitada polos heredeiros dos concesionarios, e polo tanto, enentendendo como extinta a concesión, o Bng solicítalle ao goberno do Estado a transferencia de xestión do edificio, a súa rehabilitación cofinanciada e a desafectación dos terreos onde se sitúa.

 

Ler novas