Novas
Ana Pontón: “Nin localismos, nin personalismos; equipo, proxecto e traballo. Sada precisa xente coma Emilio Graña.”
04/mar./2023
Emilio Graña, candidato do BNG á alcaldía de Sada, recibiu a visita de Ana Pontón, a líder do BNG, visitante frecuente da vila, interesouse polo estado da Terraza de Sada, construcción modernista obxeto de numerosas iniciativas parlamentares do BNG. Seguidamente Graña e Pontón partillaron un café e un tempo de conversa cos integrantes da candidatura nacionalista e os numerosos veciños que se achegaron á capela de san Roque até deixala pequena.