EMILIO GRAÑA ESTIVO ACOMPAÑADO POR ANA PONTÓN, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, E AS CONCELLEIRAS DO BNG DE SADA LAURA RODRÍGUEZ E SARA ARROJO
Acto de presentación do candidato do BNG á alcaldía de Sada
Na tarde de onte Ana Pontón achegouse a Sada para participar nun breve encontro co candidato á alcaldía do Bng, Emilio Graña, e coa veciñanza sadense.
Os retos que están por vir son grandes pero o BNG está preparado para afrontalos coa ilusión e a seriedade que sempre demostramos. Con ambición, desde a confianza nas nosas propias forzas, concello a concello.
04 mar. 2023 - 11:28