O BNG de Sada estrea comunidade de Whatsapp
Co obxectivo de manter ao día e informar sobre as últimas novas, avisos e notificacións da vila, no BNG poñemos á disposición da veciñanza unha nova comunidade de Whatsapp.
03 mar. 2026 - 12:23
Para estar ao día da actualidade municipal, calquera veciña ou veciño pode unirse á nosa comunidade de Whatsapp. É tan doado como escanear o código QR da foto ou facer click nesta ligazón desde un teléfono móbil que dispoña de Whatsapp activado.
Para calquera dúbida, poñerse en contacto a través das nosas redes sociais ou enviando un email a sada@bng.gal.