Só 12 familias solicitaron correctamente a bolsa comedor do CEIP de Mondego

ceip-mondego
CEIP Mondego
O BNG foi a única formación política do Concello que votou en contra do novo procedemento de concesión de axudas para o comedor escolar de Mondego, xa que complica os requisitos burocráticos para a presentación das solicitudes por parte das familias e considera que é a Xunta de Galicia a que se debería facer cargo. 
Só 12 familias solicitaron correctamente a bolsa comedor do CEIP de Mondego

As axudas que o Concello estaba a proporcionar concedíanse a través da ANPA (case 200 o curso pasado), que xestiona este servizo, e que repartía equitativamente entre todas as alumnas e alumnos usuarios do comedor.

O Pleno da Corporación aprobou unha nova forma de adxudicación co curso xa comezado e unha vez a ANPA xa adiantara os cartos precisos, contando cun convenio que ao final non se asinou e supuxo a imposibilidade de recuperación de ditos importes. 
Este novo procedemento implica que cada usuario ten que presentar unha solicitude no Concello, o cal xera multitude de expedientes que deben resolverse individualmente e ademais demanda uns requisitos burocráticos complicados para a maioría da poboación.

ceip-mondego-comedor
Comedor do CEIP de Mondego

Tanto é así que, das preto de 200 usuarias e usuarios, tan só 81 familias presentaron solicitude e, logo de enviar toda a documentación, unicamente 12 delas conseguiron superar a primeira fase. As outras 69 terán que emendar deficiencias para completar un expediente que probablemente non estará resolto ata o terceiro trimestre, polo que todas as familias terán que seguir adiantando o importe total do comedor durante o curso.

O pasado curso académico, a ANPA xa deducía do prezo mensual a cantidade que aportaba o Concello e facíase para o 100% dos comensais. Co novo procedemento e vistas as solicitudes, máis da metade destes deixarán de percibir axudas.

O BNG xa advertiu no pleno no cal foi aprobada esta nova norma que sería un fracaso e que máis do 50% dos comesais quedarían sen axuda municipal. Os datos avalan a nosa posición, pois, no mellor dos casos, as axudas non chegarán nin ao 50% dos usuarios.

O BNG propón que sexa a Xunta quen se encargue da xestión dos comedores escolares nos Centro Públicos de Ensino. Pero, mentres iso non se produce, deberían existir uns criterios básicos de acceso ás axudas iguais para todos os centros, con axudas directas ás familias sen necesidade de trámites administrativos complexos.

O novo criterio aprobado en Sada co voto en contra do BNG deixará a máis da metade dos usuarios sen esta axuda e o único beneficiado será o propio Concello que conseguirá un aforro que debería estar no peto das familias.
 

Só 12 familias solicitaron correctamente a bolsa comedor do CEIP de Mondego