O TSXG anula as retribucións e nomeamentos de Nogareda por incumprir a ley

transfuguismo
Toma de posesión da alcaldesa tránsfuga no 2022

O BNG de Sada díxoo no seu día e repíteo agora: transfuguismo é corrupción.

O TSXG anula as retribucións e nomeamentos de Nogareda por incumprir a ley

O TSXG vén de anular as retribucións e nomeamentos do goberno de Nogareda por incumprir o pacto antitransfuguismo, dando a razón a quen, coma o BNG de Sada, denunciou e visibilizou o que consideramos prácticas antidemocráticas.

Fixémolo a través da presentación dunha Proposición Non de Lei no Parlamento de Galiza para que se recoñecese oficialmente a moción de censura como un caso de transfuguismo; solicitando a intervención da Comisión do Pacto Antitransfuguismo no Congreso; instando ao Concello a aclarar a situación administrativa dos concelleiros e concelleiras implicados; e impulsando outras accións en defensa da transparencia e da legalidade democrática.

Non era relato. Era realidade.


Novas relacionadas na nosa web: 
📌 Transfuguismo.

Novas relacionadas en medios de comunicación:
🔗 Praza.gal
🔗 La Opinión Coruña.
🔗 El Ideal Gallego.

Ver menos

O TSXG anula as retribucións e nomeamentos de Nogareda por incumprir a ley