O TSXG anula as retribucións e nomeamentos de Nogareda por incumprir a ley
O BNG de Sada díxoo no seu día e repíteo agora: transfuguismo é corrupción.
O BNG de Sada díxoo no seu día e repíteo agora: transfuguismo é corrupción.
Os intereses partidistas nunca deben estar por riba do benestar da cidadanía. Moito menos cando afecta á veciñanza con menos recursos.
Na Relación de Postos de traballo do Concello, aprobada recentemente, figuran 3 traballadoras/es sociais, ademais da coordinadora. Ata o ano pasado, estes tres postos distribuíanse nas 2 UTS (zonas de poboación a cargo dunha traballadora social), e no Servizo de axuda no fogar. Así mesmo, nos últimos anos reforzábanse os servizos cunha traballadora social a maiores, por acumulación de tarefas, durante uns meses. Xa que logo, o Servizo agardaba a contratación das dúas persoas nos primeiros días do ano 2023, xa que a Coordinadora e a responsable do Servizo de axuda no fogar son funcionarias de carreira, fixas. A sorpresa xorde coa decisión de facer un único chamamento, alegando falta de diñeiro para poder facer a dita contratación.
Un informe da secretaria municipal de data 29 de novembro así o confirma. O PP nada comunicou ainda ao Concello e AAVV e PSOE, aínda non presentaron documentación na que están acreditados os requisitos extrínsecos de expulsión.
O BNG chama á responsabilidade de AAVV, PSOE e PP para que cumplan co que anunciaron públicamente nos medios de comunicación.
Deben facelo canto antes ou pola contra, que se retracten e digan que están de acordo coa moción de censura.
Non é serio manter a Sada nesta situación que como se está vendo, paralizou a acción institucional. Nada importante foi resolto ate o de agora e xa vai consumido 0 25% do tempo que lles queda.
Se eses tres partidos deciden ao final non expulsalos e aceptan que o novo goberno é froito dun acordo, o BNG non ten nada que obxectar, máis aló da sorpresa, a un pacto entre tres formación políticas que teñen a maioría de concelleiras e concelleiros para facelo.
Pero hai que falar claro. Non vale decir na prensa unas cousa e por omisión facer outra.
O BNG veu defendendo que se trataba dun caso de transfuguismo político porque os tres Partidos desautorizaron a moción de censura e anunciaron expulsións. Seguimos a confiar en que o manifestado públicamente se traduza en feitos, pero desafortunadamente mes e medio despois, a situación é a que é.
No primeiro pleno despois da moción de censura, as 9 concelleiras e concelleiros que apoiaron ese cambio de governo en Sada, seguiron utilizando o nome dos seus grupos municipais de procedencia e incluso votaron coma se pertenceran a eles, aproveitándose de que nin PP nin PSOE comunicaron a súa condición de tránfugas e como consecuencia, o seu paso a concelleiras e concelleiros non adscritos.