O PP fai publica a expulsión dos edís de Sada, a dous días de que se debata unha proposición do BNG no Parlamento sobre este asunto
O vindeiro xoves está previsto o debate no Parlamento de Galiza, da iniciativa do BNG ao respecto do transfuguismo en Sada tras a presentación e votación da moción de cesura o pasado día 18 de novembro. En concreto forma parte da orde do día como punto 2 da Comisión nº 1 , Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galiza en relación coa moción de censura de Sada.
Non é a primeira vez que o BNG presenta unha iniciativa e o goberno do PP actúa antes para valeirar de contido a nosa iniciativa. En todo caso alegrámonos do éxito do noso traballo aínda que só se trate dunha medida provisoria, ao parecer pendente de recurso por parte dos expulsados.