Ofensiva do BNG para aclarar a situación dos tránsfugas no concello de Sada

pleno
pleno

No primeiro pleno despois da moción de censura, as 9 concelleiras e concelleiros que apoiaron ese cambio de governo en Sada, seguiron utilizando o nome dos seus grupos municipais de procedencia e incluso votaron coma se pertenceran a eles, aproveitándose de que nin PP nin PSOE comunicaron a súa condición de tránfugas e como consecuencia, o seu paso a concelleiras e concelleiros non adscritos.

Ofensiva do BNG para aclarar a situación dos tránsfugas no concello de Sada

O BNG entende todas e todos eses concelleiros  e concelleiras foron desautorizados públicamene polos grupos políticos polos que concorreron ás anteriores elecións municipais. Son polo tanto tránsfugas potenciais, con independencia da resolución dos expedientes abertos nos seus respectivos partidos, que decidirán sobre a expulsión, conxelación da súa militancia ou o que estimen, pero non poderán ocultar que o pleno do día 18 é un claro exemplo de transfuguismo político

O BNG iniciou unha tripla ofensiva para aclarar definitivamente este asunto. Por unha parte, o deputado nacionalista en Madrid Néstor Rego solicitará do presidente da comisión antitransfuguismo unha reunión dese órgano para que se dictamine sobre o caso de Sada e se declare como unha situación de transfuguismo político a actuación desas 9 persoas.

Por outra parta, no parlamento Galego, a deputada Mercedes Queixas ven de presentar unha iniciativa para que o parlamento galego declare que o pleno do día 18 constitúe un claro acto antidemocrático de transfuguismo político

E por último, tendo en conta que o interventor municipal xa advertíu no seu informe sobre o réxime de adicacións aprobado no último pleno, que dito acordó está sometido á condición das concelleiras e concelleiros, xa que de pasar ao grupo de non adscritos, non poderían ver incrementadas as asignacións cobradas dos orzamentos municipais.

Neste sentido, o BNG presentou un escrito dirixido á secretaria do Concello solicitándolle que curse escritos aos representantes de PP, PSOE e AAVV , en base ao art. 73.3 da Lei de bases de réxime local que di: “En calquera caso, o secretario/a da corporación poderá dirixirse ao representante legal da formación política que presentou a correspondente candidatura a efectos de que notifique a acreditación das cisrnstancias sinaladas”

É claro que non é necesario agardar a que os partidos políticos envíen escritos, senon que desde o Concello se pode averiguar se as respectivas organizacions os consideran ou non tránsfugas, para actuar en consecuencia e evitar que se tomen acordos contrarios á lei.

O BNG fará todo o posible por aclarar esta situación que tanto PP como PSOE parecen dispostos a prolongar no tempo, non se sabe moi ben con que intención, que en todo caso o BNG solicita que se aclare sen mais demora.

Ofensiva do BNG para aclarar a situación dos tránsfugas no concello de Sada