O BNG CUMPLIRA O DEFENDIDO NA CAMPAÑA ELECTORAL.
Votaremos a favor da investidura de Benito Portela como alcalde de Sada
O noso papel será aportar estabilidade e claridade no pleno municipal. Lonxe de personalismos, e ante a incerteza e volatilidade da situación política no noso concello, o noso papel sempre estivo e estará apoiando alternativas de progreso.
O BNG votará a favor da candidatura de Benito Portela o vindeiro sábado. Sen ningunha contrapartida, simplemente porque non favorece, nin por acción nin por omisión, a formación dun goberno do PP e as súas marcas brancas.
E así será o noso traballo: Humildade, traballo e criterio.