ESTAS XORNADAS FORON ORGANIZADAS POLO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE

Emilio Graña acode ás xornadas de convivencia en Tinduf

emilio-sahara
Emilio Graña en Tindouf

Esta semana un grupo de galegos/as emprenderon o que para moitos deles será unha experiencia inesquecible desprazándose ao campamento de refuxiados saharauís en Tindouf (Alxería). 

Emilio Graña acode ás xornadas de convivencia en Tinduf

Emilio Graña, concelleiro do BNG en Sada, xunto con Marta Bermúdez de Castro, militante do BNG na localidade, desprazáronse ate a localidade alxeriana.
Falando con eles antes de partir, son conscientes de que van traer moito máis do que van levar e, aínda que modestamente contribuísen aportando algo de material escolar, ambos os dous son docentes e sabedores de que esta experiencia os vai enriquecer como persoas. 
Esta visita fará que Sada se demostre solidaria cun pobo esquecido e maltratado dende hai décadas.

Parte dos galegos e galegas que asistiron ao Tindouf son representantes institucionais de diferentes concellos do País, sendo a representación do BNG a máis numerosa de longo. Hai representantes doutras forzas políticas, pero botamos de menos a alguén do Goberno de Sada que de novo practica a política de poñerse de perfil e non envía a ninguén que o represente.

No caso dos sadenses desprazados, Emilio e Marta, hai que dicir que son eles a título individual os que sufragaron a viaxe. Descoñecemos como foi o financiamento no caso dos e das representantes institucionais dos outros concellos desprazados.

Emilio Graña acode ás xornadas de convivencia en Tinduf