O CONCELLO DE SADA REDUCIU UN POSTO DE TRABALLADORA SOCIAL, NON BUSCOU SUBSTITUTA PARA A PSICÓLOGA QUE MARCHOU POR SACAR UNHA PRAZA NOUTRO LUGAR, E NON SE CUBRIU A BAIXA DA EDUCADORA, CO CAL O SERVIZO ESTÁ BAIXO MÍNIMOS.

Denunciamos publicamente o recorte nos Servizos Sociais do noso concello no pouco tempo que transcorreu dende a moción de censura

ssociais
Dependencias dos Servizos Sociais do Concello de Sada

Na Relación de Postos de traballo do Concello, aprobada recentemente, figuran 3 traballadoras/es sociais, ademais da coordinadora. Ata o ano pasado, estes tres postos distribuíanse nas 2 UTS (zonas de poboación a cargo dunha traballadora social), e no Servizo de axuda no fogar. Así mesmo, nos últimos anos reforzábanse os servizos cunha traballadora social a maiores, por acumulación de tarefas, durante uns meses. Xa que logo, o Servizo agardaba a contratación das dúas persoas nos primeiros días do ano 2023, xa que a Coordinadora e a responsable do Servizo de axuda no fogar son funcionarias de carreira, fixas. A sorpresa xorde coa decisión de facer un único chamamento, alegando falta de diñeiro para poder facer a dita contratación.

Denunciamos publicamente o recorte nos Servizos Sociais do noso concello no pouco tempo que transcorreu dende a moción de censura

Deste xeito, prodúcese o primeiro grande recorte na plantilla, respecto ao esforzo no seu incremento e estabilización que se levou a cabo nos anos anteriores.

A isto temos que engadir que non se cubre a marcha da psicóloga, e non se suple a baixa da educadora. 

O feito de que, María Nogareda, transfuga de Alternativa dos Veciños, e a concelleira do PP Soraya Salorio decidan como medida trascendental prescindir dunha traballadora Social e non cubrir baixas de traballadoras de Servizos Sociais é cando menos significativo.

Nun contexto de crise, de subida de prezos e de envellecemento da poboación, reducir recursos humanos nun área tan sensible nestes tempo como o é Servizos Sociais, parécenos intolerable por parte dun goberno que non foi escollido nas urnas e que tomaron o poder para “mellorar a xestión” segundo elas.

Ese área, durante o goberno lexítimo anterior, foi xestionada polo BNG e tivo as mellores partidas orzamentarias da historia de Sada, comparativamente moito mellores que os concellos da comarca. As concelleiras do BNG tiveron que administrar Servizos Sociais durante uns anos moi duros marcados pola pandemia e fixérono dun xeito sobresaínte, nun contexto moi dificil.

Agora, este goberno tránsfuga, non escollido democraticamente, que ten o apoio do PP, e coa alcaldesa que foi expulsada da formación con representación menos votada (AV), dedícanse a recortar no eido social cunha falla de sensibilidade absoluta nestes tempos de crise económica.
Falta vontade política e sobran excusas "técnicas".

Denunciamos publicamente o recorte nos Servizos Sociais do noso concello no pouco tempo que transcorreu dende a moción de censura