O Museo Carlos Maside é declarado BIC a apenas 10 días da caducidade do expediente
Unha vez máis, a presión social a través dos colectivos e asociación culturais, así como dos partidos da esquerda entre os que por suposto está o BNG, conseguen que o Goberno da Xunta, liderado por quen non ten a mínima intención de defender o patrimonio cultural e artístico de todas as galegas e os galegos, remate por dar luz verde ao recoñecemento como BIC (Ben de Interese Común) do Museo Carlos Maside de Sada.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta xa publicara a resolución do expediente o 1 de agosto do 2023 e só quedaban 11 días para que caducase.
Este feito é de especial importancia tanto a nivel histórico como arquitectónico e artístico, xa que o museo conta con máis de 1400 obras de autores da relevancia de Castelao, Maside, Souto, Laxeiro, Colmeiro, etc.
Asemella que logo de que Segismundo se opuxese á declaración como BIC de toda a fábrica e de ameazar con parar obras e retirar investimentos, segundo Rueda este expediente conta coa "confirmación" do actual administrador de Sargadelos.