cultura
Novas
Touliña Pop

Gravísimo abandono do goberno tránsfuga a iniciativas como o Touliña Pop

Os concelleiros nacionalistas Liss Becerra primeiro e Laura Rodríguez despois, apoiaron institucionalmente desde a Concellería de Turismo o comezo deste festival, que demostrou ser un dos revulsivos máis eficaces para o lecer cultural da contorna, que ubicou a Sada no mapa musical e que encheu de visitantes a nosa vila, edición tras edición, para o beneficio do comercio e hostalaría local.
 
Ler novas
Novas
museocarlos maside

Reiteramos a necesidade de reapertura do museo Carlos Maside

Este excepcional Museo de Arte Contemporánea naceu hai 50 anos e alberga un ben inmóbel senlleiro e uns bens mobles de incalculábel valor inmaterial. O seu legado representa o proxecto de recuperación da memoria histórica galega a través da recuperación do patrimonio artístico do exilio, converténdose, desde as achegas colectivas, no espello da renovación da arte contemporánea galega desde un proxecto museográfico pioneiro, aberto, activo, dialogado coa obra; un museo vivo.
Ler novas