ACABAMOS DE REXISTRAR NO DÍA DE HOXE UNHA PETICIÓN DE VISITA OFICIAL DE PARLAMENTARIAS E PARLAMENTARIOS DO PARLAMENTO DE GALIZA AO MUSEO CARLOS MASIDE CO FIN DE COMPROBAR O SEU ESTADO ACTUAL E AS POSIBILIDADES DE REAPERTURA INMEDIATA.

Reiteramos a necesidade de reapertura do museo Carlos Maside

museocarlos maside
Concentración convocada polo BNG pola reapertura do Museo Carlos Maside
Este excepcional Museo de Arte Contemporánea naceu hai 50 anos e alberga un ben inmóbel senlleiro e uns bens mobles de incalculábel valor inmaterial. O seu legado representa o proxecto de recuperación da memoria histórica galega a través da recuperación do patrimonio artístico do exilio, converténdose, desde as achegas colectivas, no espello da renovación da arte contemporánea galega desde un proxecto museográfico pioneiro, aberto, activo, dialogado coa obra; un museo vivo.
Reiteramos a necesidade de reapertura do museo Carlos Maside

É inconcebible que continúe pechado ao público por máis tempo e por iso demandamos actuacións urxentes, por unha banda, reparar o innegable desgaste do edificio, que pode provocar deterioro tamén do importante volume de obra que acumula, ao levar pechado desde o ano 2016.


Pola outra, que a Xunta de Galiza actúe de inmediato para protexer este legado en severo risco, dando cumprimento ao acordo parlamentario de resolver o expediente BIC, pendente desde o ano 2010.

No 2018 nun informe do propio Consello da Cultura Galega, órgano consultivo de referencia da Xunta de Galiza, afirmábase que “a colección e edificio merecen a protección necesaria para garantir a súa permanencia e preservación indisociablemente unidos”. Un informe que conclúe manifestando que “tanto o edificio do Museo Carlos Maside como a Colección documental e pictórica que alberga merecen, pola súa natureza e carácter, a protección BIC”.


Para o BNG é inadmisible que a día de hoxe ainda non exista ninguna resolución firme e todo se quede en publicidade engañosa sobre a chegada dunha boa nova que nunca acaba de producirse.

O Museo Carlos Maside recolle desde a súa apertura no ano 1970 obras de autores de vangarda, moitos deles exiliados por mor da guerra civil do 36 . Obras de Castelao, Asorey, Lugris Freire, Luis Seoane, Maruxa Mallo, Laxeiro, Francisco Llorens e moitos outros, así como un edificio en mal estado de conservación, que están á espera desa decisión da Xunta que permitiría salvagardar o edicicio e tamén a correcta conservación das obras que contén.

A Deputada nacionalista Mercedes Queixas xa presentou iniciativas ao respecto e volverá a presentar no Parlamento Galego outras, coma a que hoxe se anuncia, para que o goberno da Xunta responda e poña prazos para que dunha vez por todas chegue esa protección a este museo que se ubica no noso concello de Sada.

 

Reiteramos a necesidade de reapertura do museo Carlos Maside