Gravísimo abandono do goberno tránsfuga a iniciativas sociais e culturais consolidadas como o Touliña Pop
O señor Tellado debera mostrar máis respecto polos colectivos aos que di representar e non recorrer á mentira para xustificar a súa decisión política. Tan falso é que o festival supuña unha competencia desleal para a Hostalaría como que non existían fondos para financialos, xa que os orzamentos prorrogados vixentes contiñan partidas reservadas para a colaboración co Touliña, co obxetivo de manter Sada como destino preferente para o ocio cultural desestacionalizado, debido ás importantes repercusións económicas positivas que conlevaba para o sector comercial e hostaleiro.
Comprometémonos a traballar na procura de solucións encamiñadas a manter a viabilidade do Touliña Pop e a facilitar a súa volta á nosa localidade en vindeiras edicións.