Un Auto da Audiencia Nacional desestima suspender a denegación da prórroga da concesión da Terraza

Vista actual do edificio modernista "A Terraza" de Sada

O edificio da Terraza foi ubicado nuns terreos de concesión administrativa por Real Orde de 20 de xullo de 1922 para ser destinado a “venta de refrescos e licores na Praia de Sada” e esa concesión caducou sen posibilidades de ser prorrogada, como así o indicou a Dirección Xeral da costa e o mar na Resolución de 11 de febreiro de 2021. Esta Resolución que foi recurrida polos antiguos concesionarios e que está pendente de sentenza, polo que neste momento  é propiedade do Estado

Un Auto da Audiencia Nacional desestima suspender a denegación da prórroga da concesión da Terraza

Compre polo tanto que o Estado outorgue unha concesión provisioal ao Concello para actuar rápidamente no seu mantemento antes de que sexa tarde, xa que o seu estado como pode observarse a simple vista, é lamentable

No ano 2011  o Concello de Sada solicitou a súa declaración BIC , algo que resultou crucial para a pervivencia do edificio nese lugar, non podendo ser retitado do seu entorno, nin desmantelado nin trasladado.

O goberno do Estado recoñece en contestación ás iniciativas do BNG que para xestionar o edificio da Terraza no menor tempo posible por parte do Concello, éste pode solicitar unha concesión provisional, en base á Disposición Adicional terceira do Regulamento Xeral de Costas e ao art. 135 do citado regulamento,  e establecer os convenios necesarios para a súa rehabilitación.

Esa concesión temporal non impediría que nun futuro a Terraza pasara a ser titularidade municipal e tampouco que se sigan outros trámites como a desafectación dos terreos xa solicitada polo Concello de Sada.

Coñecido agora este auto da Audiencia Nacional, é o momento de proseguir no traballo de recuperación da Terraza  para os fins  recollidos  no Plan Xeral, que non son outros que o eu destino a equipamento sociocultural.

Queremos saber se esta defensa do interese xeral é compartida ou non polo governo de tránsfugas e por iso levaremos ao próximo pleno ordinario unha moción neste sentido, para que cada quen se posicione con toda claridade

Un Auto da Audiencia Nacional desestima suspender a denegación da prórroga da concesión da Terraza