Presentamos recurso de reposición contra a compatibildiade e réxime de retribución da concelleira tránsfuga María Pardo.

WhatsApp Image 2023-01-28 at 13.09.37
Pleno do mes de xaneiro
Na mañá de hoxe sábado 28 de xaneiro o grupo municipal do BNG ven de presentar por rexistro un recurso de reposición contra os acordos do pleno da corporación do pasado 29 de decembro do 2022 referidos ao recoñecemento de compatibilidade á concelleira delegada Dª María Pardo Fafián para o exercicio do seu cargo municipal en réxime de dedicación parcial con actividades públicas así como contra a proposta da alcaldía sobre modificación do réxime da retribución da concellaría delegada de Facenda, contratación e seguridade cidadá.
Presentamos recurso de reposición contra a compatibildiade e réxime de retribución da concelleira tránsfuga María Pardo.

Atendendo ao feito evidente de que Dª Maria Pardo Fafián é unha tránsfuga non poderia ter asumido o cargo de concelleira-delegada nen tampouco que o Pleno da Corporación lle atribuíse o réxime de adicación ao mesmo e as correspondentes retribucións. Aliás apreciamos como xustificamos no recurso presentado un incumprimento claro dos límites retributivos nos que se omitiu o procedemento legalmente estabelecido, dado que os acordos adoptáronse sen que por parte do Concello de Sada se tivese requirido ou solicitado do Concello de Bergondo a información á que fai referencia o art. 5.2 da Lei 53/1984.

Consideramos moi grave que este goberno municipal segue facendo ouvidos xordos ás medidas que desde os seus partidos de orixe se están a tomar e a publicar con respeto á decisión persoal que tomaron os e as concelleiras asinantes da Moción de Censura. Unha Moción que desde o punto de vista político non foi apoiada por ningún partido e por cuxa sinatura os concelleiros son considerados tránsfugas e cuxas expulsións foron anunciadas o mesmo día da moción. Por todo isto vimos de presentar este recurso de reposición solicitando a anulación e a deixada sen efecto dos acordos do Pleno de 29/12/2022, coa subseguinte esixencia de devolución pola Sra. Pardo das retribucións indebidamente percibidas pola señora Pardo.

Presentamos recurso de reposición contra a compatibildiade e réxime de retribución da concelleira tránsfuga María Pardo.