O ACTUAL GOBERNO DE SADA NON PRESENTOU A SOLICITUDE PARA A CONTRATACIÓN DO PERSONAL TÉCNICO PARA A ÁREA DE TURISMO QUE NA ACTUALIDADE CARECE DE PERSONAL HABILITADO EN PLANTILLA PARA DITAS FUNCIÓN.

O goberno tránsfuga perde a subvención para contratar persoal técnico de turismo

Oficina de turismo
Oficina de turismo

No anterior exercicio, a subvención da Deputación provincial da Coruña aportou ás arcas municipais 19.750€, segundo o publicado no BOP nº59 do 28 de marzo de 2022, e  permitiría a incorporación dun Técnico para impulsar actividades e programas que contribuan aos estímulo da práctica da actividade turística, impulsando o desenvolvemento económico e social da vila a través da actividade turística e da mellora integral do destino. A falta deste personal traducirase nunha merma do servizo, especialmente, acusable nos meses de verán, deixando o servizo desantendido.

O goberno tránsfuga perde a subvención para contratar persoal técnico de turismo

Na anterior lexislatura, desde a concellería xestionada polo BNG, utilizouse esta subvención para levar a cabo programas de interese como a elaboración dun Plan estratéxico para o Turismo de Sada, a revisión e elaboración de material, a coordinación e deseño de ferramentas de difusión de Sada como destino, o estudo de fondos e a tramitación administrativa de axudas para a mellora na sinalectiva do municipio así como a prestación do servizos de información e guía no Pazo de Meirás. Un servizo, o de guias no Pazo de Meirás que acumula as queixas dos usuarios polo recorte nas horas das visitas

Esiximos una explicación por parte do goberno de Sada ante a diminución na prestación do servizo que suporá a carencia deste personal, considerando ademáis, que os posibles reparos relativos á contratación en cumplimento da Lei de para la reducciónda temporalidade no emprego público foron aclarados nesta convocatoria, permitindo otras fórmulas como a contratación vía empresa para os Concellos que aínda non contan con esta praza na RPT como é o caso de Sada. Abonda de excusas. Nen o problema das vacantes sen cubrir nos Servizos Sociaais é do goberno anterior, xa que as bolsas de emprego están vixentes, nen hai limitacións legais para a solicitude de subvencións para a contrataciónde persoal técnico como queda claro nas bases e se demostra pola vía dos feitos no resto de concellos da provincia. A privación deste servizo á veciñanza e visitantes de Sada débese a ineficacia dun goberno torpe e sen ideas claras. Gobernar é solucionar problemas, non crealos

O goberno tránsfuga perde a subvención para contratar persoal técnico de turismo