Atrancos nas visitas ao Pazo de Meirás

Pazo de Meirás
Pazo de Meirás

O goberno tránsfuga de Sada pon todo tipo de dificultades para que se leven a cabo visitas solicitadas por colexios, entidades e asociacións diversas

Atrancos nas visitas ao Pazo de Meirás

O Pazo de Meirás ten a consideración de ben de interese cultural (BIC), figura esta de máxima protección patrimonial que lle outorga á cidadanía o dereito de poder acceder ao interior do Pazo para visitalo de xeito gratuíto un mínimo de catro días ao mes.

Incomprensiblemente, o Estado, responsable actual da propiedade do ben dentro dos muros, impide a visita ao interior das Torres, que son o elemento patrimonial do conxunto que máis peso ten para xustificar a declaración BIC. A Xunta de Galiza, administración que ten competencias exclusivas en materia de patrimonio cultural, consente esta limitación absurda, e mesmo hoxe segue sen darlle ningún tipo de protección patrimonial ao conxunto de bens mobles que os Franco pretenden rapinar do interior das Torres.

A esta incomprensible actitude de Estado e Xunta súmase agora o goberno tránsfuga de Sada, que desde o ámbito municipal pon todo tipo de dificultades para que se leven a cabo visitas solicitadas por colexios, entidades e asociacións diversas, fóra dos mínimos establecidos na resolución que autoriza o Concello de Sada a organizar visitas aos xardíns do Pazo de Meirás. Unhas visitas que se viñan realizando con total normalidade —dentro das xa mencionadas limitacións impostas polo Estado e coa complicidade da Xunta de Galiza— con anterioridade á moción de censura.

Atrancos nas visitas ao Pazo de Meirás