AGRADECEMOS O ENCOMIABLE LABOR DE PROTECCIÓN DO NOSO PATRIMONIO MARIÑEIRO E FLUVIAL QUE SE VÉN DESEMPEÑANDO DENDE A A.C.M. OS PATEXEIROS
Lamentamos profundamente a deixadez das administracións ante o afundimento da embarcación tradicional “Balbina"
A derradeira embarcación patexeira que se coñece foi incluida recentemente no Censo de Patrimonio para as embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galiza. Cedida pola mencionada A.C.M. Os Patexeiros e pertencente ao Concello de Sada, atopábase fondeada nas inmediacións do Porto de Lorbé, enfrontando temporais e agardando ao seu destino.
Dende a formación nacionalista, quérense trasladar ao conxunto da opinion pública as siguentes consideracións:
1º- Consideramos que o afundimento deste ben pertencente ao pobo de Sada e de incalculable valor, deixa en evidencia o labor dos actuais responsables das áreas de cultura e turismo do goberno municipal. Dada a situación de risco na que se encontraba a “Balbina” e tendo en conta as alertas meteorolóxicas emitidas durante estes días, é incomprensible que dende o Concello non se tomaran medidas preventivas que puidesen evitar este desenlace. Ademais do incalculable dano ao patrimonio cultural e a súa possible repercusión turística, esta situación tamén supuxo un gran risco para a navegación na zona que non debemos tolerar.
2º- É insuficiente a colaboración que se vén dando entre as diferentes administracións para a conservación do noso patrimonio mariñeiro polo que esiximos un cambio urxente ao respecto. Neste punto, esta formación considera indispensable a participación de Portos de Galicia para poder facilitar amarres a este tipo de embarcacións históricas, evitando así estes desenlaces onde sempre perde a cultura. A política desta entidade pública e pertencente a Conselleria do Mar, debe contemplar que as embarcacións tradicionais e barcos históricos de Galiza deben amarrar ao abrigo dos temporais, facilitando a súa ubicación nos lugares mais idóneos para que a vila sadense e os seus visitantes poidan gozar deles.