É NECESARIO CONSTRUIR UN NOVO CENTRO DE SAÚDE EN SADA

O BNG pide incluir a Sada no Plan de Infraestructuras Sanitarias do SERGAS

sergas
sergas

O goberno da Xunta de Galiza presentou o Plan de Infraestructuras Sanitarias aprobado no Consello da Xunta do 29 de outubro de 2021. Nese Plan prevese a mellora e construcción de Centros pero non aparece nin un euro para Sada.

O BNG pide incluir a Sada no Plan de Infraestructuras Sanitarias do SERGAS

A deputada Mercedes Queixas presentou unha serie de iniciativas parlamentares para que se inclúa Sada nese plan, por motivos demográficos e tamén pola mala accesibilidade do actual Centro.

O Centro de saúde actual inaugurouse no ano 1990. Nese ano Sada contaba con 8796 habitantes e hoxe acércase aos 17.000. Por esa razón, e pola necesidade de cambio de ubicación, o PXOM aprobado o 29 de novembro de 2017 prevé unha nova prcela onde poder construir un Centro ampliado e accesible, en terreos situados entre o campo de futbol Andrés Pena e o Instituto Isaac Díaz Pardo.

A Consellería de Sanidade ten coñecemento desta necesidade e tamén de que existen terreos a disposición para ubicar este equipamento sanitario, sen embargo non inclúe a súa construción no plan de infraestruturas sanitarias.

O incremento continuado tamén da poboación estacional que no verán supera os 25.000 habitantes, fai que se precisen máis e mellores servizos sanitarios, cun novo Centro de saúde con maior capacidade e mellor ubicado, por iso o BNG lamenta a exclusión de Sada dese Plan de infraestruturas sanitarias e propoñerá a través da deputada Mercedes Queixas que se inclúa a previsión de construcción dese equipamento.

En Sada a 17 de decembro do 2021
CL do Bng de Sada

O BNG pide incluir a Sada no Plan de Infraestructuras Sanitarias do SERGAS