AÍNDA NON SE INICIOU O PROCESO PARA A DECLARACIÓN BIC DOS BENS MOBLES QUE FORMAN PARTE DA HISTORIA DO PAZO DE MEIRÁS, CONTRAVINDO O ACORDO PARLAMENTAR UNÁNIME DO 5 DE MAIO DE 2021.

Batería de iniciativas parlamentarias para instar á Xunta de Galiza á incoación do expediente de declaración BIC dos Bens Mobles do Pazo de Meirás

DSC_0067
DSC_0067
No grupo parlamentario do BNG facemos nosa a preocupación da cidadanía perante este abandono do patrimonio público galego e sumámonos ás recentes demandas de actuación urxente da AC Irmáns Suárez Picallo e a CRMH da Coruña a raíz da nova de o Xulgado de Primeira Instancia nº 1 da Coruña ter resolto recentemente autorizar a familia Franco á retirada de determinados bens mobles do Pazo de Meirás, como resultado da actual situación xurídica que sobre os bens mobles e o propio inmoble se seguen en diferentes ámbitos xudiciais.
Batería de iniciativas parlamentarias para instar á Xunta de Galiza á incoación do expediente de declaración BIC dos Bens Mobles do Pazo de Meirás
De non actuar de urxencia, a familia Franco poderá sacar moitos bens de Meirás. En concreto 697 elementos - case 400 bens – inventariados no seu día pola Xunta de Galiza e que non foron reclamados polo Estado.
Algúns destes bens están ligados a algunha das dúas etapas de interese histórico no Pazo de Meirás (ou ben forman parte da etapa de Pardo Bazán e xa estaban no conxunto antes da chegada de Franco a Meirás, ou ben foron incorporados durante a ditadura) e teñen un enorme interese. En concreto, e a xeito de exemplos, pezas que adornan o salón da planta baixa da torre de levante e o contiguo a estes (conxuntos isabelinos, altar portátil de madeira, bargueños, consolas de parede ou pezas de porcelana).
Batería de iniciativas parlamentarias para instar á Xunta de Galiza á incoación do expediente de declaración BIC dos Bens Mobles do Pazo de Meirás