Presentamos recurso de reposición contra a compatibildiade e réxime de retribución da concelleira tránsfuga María Pardo.
Atendendo ao feito evidente de que Dª Maria Pardo Fafián é unha tránsfuga non poderia ter asumido o cargo de concelleira-delegada nen tampouco que o Pleno da Corporación lle atribuíse o réxime de adicación ao mesmo e as correspondentes retribucións. Aliás apreciamos como xustificamos no recurso presentado un incumprimento claro dos límites retributivos nos que se omitiu o procedemento legalmente estabelecido, dado que os acordos adoptáronse sen que por parte do Concello de Sada se tivese requirido ou solicitado do Concello de Bergondo a información á que fai referencia o art. 5.2 da Lei 53/1984.
Consideramos moi grave que este goberno municipal segue facendo ouvidos xordos ás medidas que desde os seus partidos de orixe se están a tomar e a publicar con respeto á decisión persoal que tomaron os e as concelleiras asinantes da Moción de Censura. Unha Moción que desde o punto de vista político non foi apoiada por ningún partido e por cuxa sinatura os concelleiros son considerados tránsfugas e cuxas expulsións foron anunciadas o mesmo día da moción. Por todo isto vimos de presentar este recurso de reposición solicitando a anulación e a deixada sen efecto dos acordos do Pleno de 29/12/2022, coa subseguinte esixencia de devolución pola Sra. Pardo das retribucións indebidamente percibidas pola señora Pardo.