AS EMENDAS CONTEMPLAN INVERSIÓNS NO CONCELLO DE SADA POR UNHA COANTÍA DE ALGO MAIS DE 2 MILLÓNS DE EUROS
Presentaremos emendas aos orzamentos da Xunta no Parlamento galego
* A mobilidade nas estradas que dependen da Administración Autonómica. Principalmente sendas peonís e para bicicletas nas estradas de Veigue-Carnoedo-Sada(AC163) e Meirás-Mondego-Sada(AC183), co fin de facilitar a mobilidade neses viais. Na práctica son vías urbanas de Sada, nun concello cunha densidade de poboación próxima aos 600 hab/km2.
Construcción dunha rotonda no Tarabelo(AC183) para mellora da seguridade vial.
* A posta en marcha de obras proxectadas no PXOM de depositos de auga para distribución de auga potable, e tanques de tormenta para atenuar as crecidas de nivel de augas pluviais.
Son inversións en infraestructuras que urxen no noso concello, a metade delas xa incorporadas no PXOM e que terían que executarse no primeiro cuatrienio do mesmo, polo que deberían asignarse fondos para a súa execución.