A FOTO QUE SE ACOMPAÑA FOI ENVIADA AO BNG POR UNHA VECIÑA DE MONDEGO, ALARMADA POLA COR DA AUGA QUE CHEGA Á SÚA CASA.

O BNG recolle as queixas veciñais sobre a contínua turbidez da auga e aposta pola remunicipalización do servizo

WhatsApp Image 2022-06-16 at 1.45.43 PM
WhatsApp Image 2022-06-16 at 1.45.43 PM
O BNG recolle as queixas veciñais sobre a contínua turbidez da auga e aposta pola remunicipalización do servizo

Esta turbidez afecta a todo o término municipal e vense repetindo con demasiada frecuencia nos últimos tempos sin que a empresa concesionaria dea explicacións públicas que tranquilicen á poboación sobre a as causas deste problema.

O BNG esixe públicamente a Viaqua que explique por qué se repite con tanta frecuencia esta turbidez na auga potable, que está aprovocar moitas incertezas na poboación, ata o punto de que está a mercar auga para cociñar e para beber.


Esa falla de información provoca dúbidas sobre sobre a potabilidade da mesma, que deben ser aclaradas con urxencia.

O servizo de abastecemento e auga en Sada está encomendado a unha empresa e diante da caducidade da concesión administrativa, o BNG aposta por non renovala e proceder decididamente á remunicipalización deste servizo esencial, así como acometer canto antes as obras previstas no Plan Xeral de Ordenación municipal, de construcción de novos depósitos de almacenamento no lugar do Castro.

Sada, 16/06/2022

O BNG recolle as queixas veciñais sobre a contínua turbidez da auga e aposta pola remunicipalización do servizo