O BNG de Sada anuncia unha oposición firme e activa ao goberno tránfuga

20221118_120433
20221118_120433
O BNG de Sada anuncia unha oposición firme e activa ao goberno tránfuga

O grupo municipal do BNG ven de rexistrar a solicitude á actual corporación dun local que lles permita desenvolver o seu labor de oposición. Unha oposición que será activa e constructiva, no Concello e nas rúas, co fín de minimizar os efectos negativos que a aprobación da Moción de Censura dos nove tránsfugas entendemos que supoñer para o conxunto da veciñanza de Sada.

Así mesmo, o BNG rexistrou en días pasados unha moción na defensa da Atención Primaria dentro da Sanidade Pública e outra en reivindicación do 25 de novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista no contexto de crise de prezos e de rearme do machismo.

O BNG de Sada anuncia unha oposición firme e activa ao goberno tránfuga