O BNG de Sada esixe celeridade na substitución dos colectores de lixo

e7862162-a82f-4bee-b5fd-ae672e3a2e17
Imaxe dunha rúa de Sada cos colectores do revés

Desde hai semanas é habitual ver polas rúas de Sada colectores do lixo colocados do revés. Lonxe de tratarse dun acto vandálico, esta imaxe responde á operación de substitución dos colectores por parte da empresa encargada da recollida de lixo no Consorcio.

O BNG de Sada esixe celeridade na substitución dos colectores de lixo
e7862162-a82f-4bee-b5fd-ae672e3a2e17
Imaxe dunha rúa de Sada cos colectores do revés

Esta renovación está a desenvolverse en todos os concellos da comarca, pero chama a atención que Sada sexa o último municipio no que se están levando a cabo estas tarefas. Un detalle que evidencia unha realidade preocupante: cando desde o Concello non se exerce un control efectivo nin se esixe responsabilidade ás empresas de servizos descoidan as súas obrigas coa veciñanza.

Desde o BNG esiximos maior rigor e compromiso por parte das administracións locais para garantir que os servizos públicos se presten en igualdade de condicións en todos os concellos. A veciñanza de Sada merece  que se defendan os intereses comúns fronte á desidia do Consorcio.


 
O BNG de Sada esixe celeridade na substitución dos colectores de lixo