EMILIO GRAÑA MOSQUERA VEN DE SER ELEXIDO PARA ENCABEZAR A CANDIDATURA DO BNG ÁS VINDEIRAS ELECIÓNS MUNICIPAIS DE MAIO DE 2023.

Emilio Graña, candidato á alcaldía de Sada nas vindeiras eleccións municipais

Emilio
Emilio
Emilio Graña, candidato á alcaldía de Sada nas vindeiras eleccións municipais

Emilio é un militante nacionalista histórico pese á súa xuventude. Naceu no 1972 na cidade da Coruña e atualmente é veciño de Mondego. É Biólogo e traballa como profesor dende hai máis de 20 anos un centro concertado da Coruña.
 
Participou en movementos ecoloxistas desde a súa época de estudante de bacharelato no Instituto da Agra do Orzán, estivo moi implicado no movemento a prol dunha planta de reciclaxe para a comarca despois do escorregamento do vertedoiro de Bens e tamén colaborou moi activamente como voluntario na organización do envio de buses e na recollida de chapapote durante a marea negra do Prestige.


Militante do BNG, dende a súa época universitaria nos anos 90, participou nos movementos pacifistas contra o servizo militar, foi insubmiso e condeado por loitar a prol da abolición da “mili” que se produciría anos despois.

Esta é a segunda vez que figura nunha lista electoral. A primeira foi no ano 1999 ocupando o segundo posto na candidatura do BNG ás eleccións municipais no concello
de Oleiros, onde vivía daquela. 


Na actualidade é o Responsable local do BNG de Sada, moi valorado polo seu traballo de cohesión do grupo. Emilio é unha persoa dialogante,  con capacidade de organización e de liderazgo para chegar a acordos, un perfil que necesita Sada nestes momentos de crispación que esixen diálogo coa sociedade, serenidade e rigor.

O BNG comeza hoxe o traballo de deseño dun novo proxecto para Sada, cun programa electoral renovado, participativo e ilusionante, coordinado por unha persoa con
capacidade para dirixir un governo local forte.

Comezamos esa nova etapa con confianza no futuro pero sen descoidar o momento presente, procurando evitar a confrontación entre sadenses pero sendo implacables con
este governo de tránsfugas, que novamente protagonizaron feitos lamentables e indesexables que desafortunadamente veñen repetíndose en Sada nos últimos 20 anos para bochorno de todas e todos.

O BNG anuncia asimesmo que a partir de hoxe, a web https://sada.bng.gal/ recollerá todo o traballo que se vaia desenvolvendo tanto institucional coma social e de organización.

Emilio Graña, candidato á alcaldía de Sada nas vindeiras eleccións municipais