O LOCAL ESTABA DESTINADO PARA ALMACENAMENTO DO VESTIARIO E MATERIAL CO QUE REALIZABA OS SESUS ENSAIOS

María Nogareda apoia que a asociación de música e danza tradicional QUEIROA quede sen local municipal

colemondego
colemondego
O pasado 17 de outubro tivo lugara celebración dunha sesión do Consello Escolar do CEIP de Mondego no que se debateu a autorización de uso das instalacións do Centro. Nesa reunión estaba presente en representación do Concello María Nogareda, quen votou favorablemente a este acordó: “A autorización das instalacións non da dereito a usalas como almacén de Queiroa, polo que deben deixar de gardar todo o material e instrumentos nas aulas do CEIP”
María Nogareda apoia que a asociación de música e danza tradicional QUEIROA quede sen local municipal
A proposta contou co voto favorable de María Nogareda, esquecendo que os materiais de Queiroa son utilizados a diario nas actividades extraescolares dese Centro e que o resto do material é vestiario que Queiroa ven prestando históricamente para múltiples actividades do centro, festivais, etc. E incluso persoas integrantes do grupo participaron en todas as actividades nas que lles foi solicitada a súa presenza, sen ningún outro interese que colaborar. Queiroa naceu a comezos deste século por iniciativa de país e nais que daquela formaban parte da ANPA dese Centro e que ao rematar os seus fillos o ensino primario, seguiron vinculados a través da Asociación realizando actividades co Colexio e co Concellode Sada. O local de onde pretenden desahucialos non é unha aula propiamente dita, como se di no acordo. É un local con entrada independente respecto das aulas e oficinas e o seu uso en nada interfire a actividade lectiva, que por outra parte sempre é utilizado fóra do horario escolar e foi acondicionado polo Concello de Sada, por solicite no seu día por Queiroa, precisamente. Esta actuación de María Nogareda, perxudicando claramente a Queiroa, nunca foi comunicada ao BNG como parte integrante do governo do que ela tamén formaba parte. O BNG critica o oscurantismo practicado por Nogareda, non comparte a decisión adoptada como representante municipal e amosa o apoio ao Grupo Queiroa. Só se pode apoiar unha decisión así cando non se coñece a historia recente do asociacionismo cultural en Sada, do que Queiroa forma parte.
María Nogareda apoia que a asociación de música e danza tradicional QUEIROA quede sen local municipal