EN RELACIÓN COAS MANIFESTACIÓNS DA ALCALDESA TRÁNSFUGA DE SADA SOBRE UNHA SUPOSTA “PERVERSIÓN” CREADA NO MANDATO QUE PRESIDIU O BNG ENTRE OS ANOS 2007 E 2011 NO CALENDARIO DA POLICÍA LOCAL COMPRE LEMBRAR E POR EN COÑECEMENTO DA OPINIÓN PÚBLICA AS CONDICIÓNS NA QUE ESTABA A POLICÍA LOCAL CANDO ABEL LÓPEZ SOTO TOMA POSESIÓN COMO ALCALDE.

Retamos a Nogareda a que demostre a insinuación de "perversión" ao respecto da xestión do BNG sobre o calendario da policía local

Dependencias da Policía Local de Sada
Dependencias da Policía Local de Sada

O resumo dos retos que nalquel momento tiña por diante o BNG ben se podían resumir nos seguintes:

1º.- A adaptación do Corpo de Policía Local de Sada á recentemente aprobada daquela Lei de Coordinación das Policias Locais de Galiza, concretamente en aspectos de fondo calado como era a reclasificación dos diferentes efectivos e a a integración dos Auxiliares de Policia Local. Tamén doutros como foron a adpatación da uniformidade e de medios contemplados nesa Lei.


2º.- A modificación da RPT para unificar os postos de garda de policía en Sada con rotacións entre todas as quendas e que eliminasen a dificultade que presenta a xestión diaria ao ter a plantilla especificada en funcións e quendas concretas.


3º. A modernización, cobertura de prazas e a dotación de medios, modernización e ampliación das dependencias policiais.


4º. A modificación dos calendarios de rotación que evitasen excesos de xornadas – estos si ilegais -, xa que por exemplo na rotación diurna os policias que formaban parte do cuadrante pasaban claramente das 37,5 horas establecidas na legalidade vixente. 
 

Retamos a Nogareda a que demostre a insinuación de "perversión" ao respecto da xestión do BNG sobre o calendario da policía local

Lembramoslle á Sra. Nogareda que practicamente todos os aspectos citados anteriormente – e que representan as mudanzas e modernizacións do Corpo de Policía mais importantes na historia da Policia Local de Sada – foron executados desde o principio de legalidade, transparecia e interese público, pasando todos estas modificacións pola mesa xeral de negociación do Concello, sendo negociados todos os aspectos das reformas coa representación legal dos traballadores.


O calendario pactado no seu dia recollía os pactos necesarios para garantir a presenza como mínimo de 2 efectivos da policía na rúa as 24 horas do dia (cousa esta que está moi lonxe de garantir hoxe a Sra. Nogareda), e ademais establecía quendas de libre disposición que permitisen cubrir eventos coma a que acontecerá eta fin de semana, na que non haberá unha cobertura acaida desde a perspectiva policial e será necesario substituir á policia cun numeroso grupo de gardas de seguridade privada.


Con ese calendario pactado, cubrianse sen necesidade de aboamento de horas extras case todas as incidencias que eran normais no traballo anual da policia en Sada (incluidas as asistencias a cursos de formación e asistencias a xuizos), ademais doutros imprevistos que poideran acontecer.


Certo é que este non era o calendario que quería o BNG, xa que, como se comentou nos pretendiamos unificar os postos de garda de policía nunha unica categoria rotatoria. Mais foi a dereita sadense – da que é herdeira nas formas de facer politica a Sra. Nogareda – quen tumbou no Pleno coa sua maoría (PP-PDSP e ASU) a reclasificación contemplada na Lei de Policias de Galiza e a modificación da RPT neste sentido. Reclasificación e modificacións que ainda hoxe están pendentes de facer.
E tamén é certo que despois do BNG chegou á alcaldía o a dereita sadense á alcaldía que ocupou Ernesto Anido (2011-2015) modificando arbitrariamente a rotación pactada e aplicada no seu dia polo BNG. É á dereita sadense a quen ten que pedirlle explicacións desa “perversión” que efectivamente o é, xa que xerou un problema onde houbo unha solución.

Retamos a Nogareda a que demostre a insinuación de "perversión" ao respecto da xestión do BNG sobre o calendario da policía local