ONTE XOVES DEBATEUSE NO PARLAMENTO DE GALIZA UNHA PROPOSICIÓN NON DE LEI DO BNG PARA QUE A XUNTA DECLARASE O PLENO DO DÍA 18 DE NOVEMBRO COMO UNA ACTO DE TRANSFUGUISMO.

A concelleira Soraya Salorio recoñece no Pleno que o comunicado de prensa da expulsión obedeceu ás presas por neutralizar a proposición non de lei que o BNG presentou no Parlamento o pasado xoves

pleno

A iniciativa contou co voto favorable do PSdeG-PSOE pero non do Partido Popular que buscou outra excusa, como xa fixera no pleno da Deputación da Coruña, para non apoiar esa declaración pública.

Horas máis tarde, a portavoz do grupo municipal do Partido Popular, que así se segue denominando e actuando como tal, comentou no pleno municipal afeando ao BNG que non prosperara a iniciativa: “No fue aprobada. Que consigan registrarla en el Parlamento no significa que sea un éxito político”, declarou textualmente.

E engadíu que : “Nos ha llegado, por la prisa de llevar al Parlamento la Proposición de Lei, nos han comunicado, pero aun tenemos una segunda oportunidad de alegar…”

As declaracións de Soraya Salorio confirman que efectivamente, o Partido Popular ten reticencias para condear a moción de censura, e que o comunicado público do Partido Popular de anuncio da expulsión foi realizado apresuradamente  a raíz da iniciativa do BNG  “por la prisa de llevar al Parlamento”.

O certo é que todas as actuación levadas a cabo polos partidos políticos  non tiveron efecto. No pleno de onte os portavoces de PP. PSOE e AAVV seguiron a falar en nome dos seus partidos de procedencia, a alcaldesa concedía turnos de palabra a PP e PSOE e as votación fixéronse no nome deses grupos políticos.

O BNG considera un escándalo que a día de hoxe, transcorridos dous meses desde a presentación do escrito da moción, PP e PSOE sigan a decir públicamente que están expulsados, pero na práctica non fagan efectiva a expulsión, nin tomen medidas para que esas persoas deixen de falar no seu nome nos plenos.

Unha cousa son as necesarias actuacións garantistas que compartimos e outra ben distinta é que dous meses despois, sigan consentindo o espectáculo bochornoso e continuado nos plenos da Corporación.

A concelleira Soraya Salorio recoñece no Pleno que o comunicado de prensa da expulsión obedeceu ás presas por neutralizar a proposición non de lei que o BNG presentou no Parlamento o pasado xoves