Urximos ao actual goberno local a restablecer o cadro de persoal nos Servizos Sociais
No DOG nº 47 do día 8 de marzo publícase a resolución do 27 de febreiro de 2023 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2022 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios eo seu financiamento.
O crédito orzamentario destas transferencias finalistas para Sada é de 84.075 euros co obxecto de financiar os servizos sociais municipais, 475.158,20 € para o programa de axuda no fogar a persoas valoradas como dependentes e 5000€ para o servizo de educación e apoio familiar.
Desde o Bng agardamos que o actual goberno tránsfuga do Concello de Sada utilice dilixentemente estes fondos tramitados polo anterior goberno e restitúa á menor brevidade posible o número de traballadores e traballadoras cos que contaba este servizo con anterioridade a súa chegada á alcaldía.
Entendemos os servizos sociais comunitarios como o primeiro nivel de intervención onde o ámbito municipal, pola súa proximidade á cidadanía e polo coñecemento da situación específica da súa poboación, é como o ámbito idóneo para o desenvolvemento deste tipo de servizo. O seu reforzo e mantemento nun contexto de crise económica como o actual debe ser entendido máis que como un gasto, como un investimento prioritario no benestar social da veciñanza.