aavv
Novas
ssociais

Denunciamos publicamente o recorte nos Servizos Sociais dende a moción de censura

Na Relación de Postos de traballo do Concello, aprobada recentemente, figuran 3 traballadoras/es sociais, ademais da coordinadora. Ata o ano pasado, estes tres postos distribuíanse nas 2 UTS (zonas de poboación a cargo dunha traballadora social), e no Servizo de axuda no fogar. Así mesmo, nos últimos anos reforzábanse os servizos cunha traballadora social a maiores, por acumulación de tarefas, durante uns meses. Xa que logo, o Servizo agardaba a contratación das dúas persoas nos primeiros días do ano 2023, xa que a Coordinadora e a responsable do Servizo de axuda no fogar son funcionarias de carreira, fixas. A sorpresa xorde coa decisión de facer un único chamamento, alegando falta de diñeiro para poder facer a dita contratación.

Ler novas
Novas
WhatsApp Image 2023-01-28 at 13.09.37

Presentamos recurso de reposición contra a compatibildiade e réxime de retribución da tránsfuga María Pardo.

Na mañá de hoxe sábado 28 de xaneiro o grupo municipal do BNG ven de presentar por rexistro un recurso de reposición contra os acordos do pleno da corporación do pasado 29 de decembro do 2022 referidos ao recoñecemento de compatibilidade á concelleira delegada Dª María Pardo Fafián para o exercicio do seu cargo municipal en réxime de dedicación parcial con actividades públicas así como contra a proposta da alcaldía sobre modificación do réxime da retribución da concellaría delegada de Facenda, contratación e seguridade cidadá.
Ler novas
Novas
Mercedes Queixas

A Xunta garda silencio a respecto da moción de censura en Sada

Mercedes Queixas cualificou a mocións de censura  de acto “antidemocrático e transfuguismo” e acusou ao PP  de intereses electorais ante a proximidades das eleccións municipais  e tentar “manobrar” para que unha das tránsfugas sexa candidata dos conservadores
Ler novas
Novas
casa-do-concello-1454429043

Nin AV, nin PP, nin PSOE comunicaron fidedignamente ao Concello de Sada a expulsión dos seus tránsfugas

Un informe da secretaria municipal de data 29 de novembro así o confirma. O PP nada comunicou ainda ao Concello e AAVV e PSOE, aínda non presentaron documentación na que están acreditados os requisitos extrínsecos de expulsión.

O BNG chama á responsabilidade de AAVV, PSOE e PP para que cumplan co que anunciaron públicamente nos medios de comunicación.

Deben facelo canto antes ou pola contra, que se retracten e digan que están de acordo coa moción de censura.

Non é serio manter a Sada nesta situación que como se está vendo, paralizou a acción institucional. Nada importante foi resolto ate o de agora e xa vai consumido 0 25% do tempo que lles queda.

Se eses tres partidos deciden ao final non expulsalos e aceptan que o novo goberno é froito dun acordo, o BNG non ten nada que obxectar, máis aló da sorpresa, a un pacto entre tres formación políticas que teñen a maioría de concelleiras e concelleiros para facelo.

Pero hai que falar claro. Non vale decir na prensa unas cousa e por omisión facer outra.

O BNG veu defendendo que se trataba dun caso de transfuguismo político porque os tres Partidos desautorizaron a moción de censura e anunciaron expulsións. Seguimos a confiar en que o manifestado públicamente se traduza en feitos, pero desafortunadamente mes e medio despois, a situación é a que é.

Ler novas
Novas
pleno

Ofensiva do BNG para aclarar a situación dos tránsfugas no concello de Sada

No primeiro pleno despois da moción de censura, as 9 concelleiras e concelleiros que apoiaron ese cambio de governo en Sada, seguiron utilizando o nome dos seus grupos municipais de procedencia e incluso votaron coma se pertenceran a eles, aproveitándose de que nin PP nin PSOE comunicaron a súa condición de tránfugas e como consecuencia, o seu paso a concelleiras e concelleiros non adscritos.

Ler novas