Eleccións Municipais 2023
Novas
presentacion

Desafíos da emerexencia climatica

Eleccións Municipais 2023 - Sada Programa electoral - Dereito ao espazo público, mobilidade, sustentabilidade ambiental, residuos municipais, iluminación e enerxía e Urbanismo, territorio e medio, 
Ler novas
Novas
Mitin central Sada

Este venres 19 de maio vémonos na praza de San Roque!

O noso candidato á alcaldía, Emilio Graña, estará arroupado por Laura Rodríguez, voceira do grupo municipal, e pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda! Con mulleres como ela defendendo os nosos intereses nas institucións comunitarias Sada gaña!
Ler novas
Novas
Acto sobre o patrimonio mediambiental de Sada

Unha cita co medio ambiente

Este vindeiro mércores día 29 o BNG organiza un acto público no que participará Juan Neira, Delegado nas Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural, Juan Neira
Ler novas
Novas
candidatura

Un equipo para soñar Sada

Soñar Sada…
Esa Sada que temos na cabeza cando pasamos por diante das Brañas e imos aparcar, e imaxinamos ese espazo natural visitable, ou cando vimos pola rúa da Praia e miramos a Terraza e o seu contorno, ou cando imos pola rúa Venezuela e imaxinamos o río Maior aberto nunha canle que atravesa a vila...
No BNG somos soñadores, pero soñamos realidades e loitamos por elas. Soñamos cunha Galiza mellor, cun país moderno e onde sermos máis felices. Con orgullo do noso. Pero buscando soños tanxibles e loitando por facelos realidade. Nos vindeiros 4-8 anos a cara de Sada pode mudar radicalmente.
Porque están enriba da mesa do noso concello moitos plans: abrir o río Maior, a restauración das Brañas, o Plan de Mobilidade, o traslado do centro de saúde...
E queremos levalos adiante. Temos que estar para convertelos en realidades. Liderando unha alternativa de esquerda no noso concello.

 

 Defendendo e mantendo os servizos sociais.

  •  Defendendo a recuperación do noso patrimonio cultural e natural.
  •  Mellorando a mobilidade.
  •  Apoiando o tecido social.
  •  Traballando para que non teñamos que ir a concellos veciños ás infraestruturas deportivas ou de lecer e para que poidamos atender as nosas crianzas como merecen sen termos que saír de Sada.

Para conseguilo contamos cun equipo de xente admirable.

Mestura xeracional e plural. Persoas de Sada de toda a vida xunto a venideras; escritoras, artistas, investigadores, mariñeiros, profesoras…

Fundadores do BNG mesturados con rapazas que aínda non naceran cando foi a moción contra o exalcalde do BNG Abel López Soto, ou cando a loita contra o plan de Porto Infanta. Persoas que ocuparon concellerías a carón doutras que levan toda a vida como sindicalistas ou en asociacións.

Insubmisos mesturados con feministas, ecoloxistas, loitadores pola recuperación da memoria histórica, defensores de poder vivir dos nosos recursos sen que desde Madrid decidan que “mellor eólicos que peixe”.

E todo iso cementado con ilusión e ganas.

O BNG conta cun grupo traballador e serio, que sabe estar por riba das convulsións políticas de Sada, por riba de localismos e cunha idea de país e unha organización de país.

Sada necesita ser soñada, e facer ese soño real. Aquí tedes os nosos brazos e as nosas neuronas para facelo, se así o queredes os e as sadenses.

Bannerbng
Unha nova Galiza Concello a Concello
Ler novas
Novas
Emilio

Emilio, candidato á alcaldía

Somos persoas serias, comprometidas co noso pobo, e temos ademais o respaldo dunha organización que nos permite trasladar as nosas iniciativas a todos os niveis.
Ler novas
Novas
present

Ana Pontón: “Nin localismos, nin personalismos; equipo, proxecto e traballo. Sada precisa xente coma Emilio Graña.”

20230303_184334
20230303_184334
Emilio Graña, candidato do BNG á alcaldía de Sada, recibiu a visita de Ana Pontón, a líder do BNG, visitante frecuente da vila, interesouse polo estado da Terraza de Sada, construcción modernista obxeto de numerosas iniciativas parlamentares do BNG. Seguidamente Graña e Pontón partillaron un café e un tempo de conversa cos integrantes da candidatura nacionalista e os numerosos veciños que se achegaron á capela de san Roque até deixala pequena.
Ler novas
Novas
Emilio Graña intervindo na capela de San Roque

Acto de presentación do candidato do BNG á alcaldía de Sada

Na tarde de onte Ana Pontón achegouse a Sada para participar nun breve encontro co candidato á alcaldía do Bng, Emilio Graña, e coa veciñanza sadense.

Os retos que están por vir son grandes pero o BNG está preparado para afrontalos coa ilusión e a seriedade que sempre demostramos. Con ambición, desde a confianza nas nosas propias forzas, concello a concello.

20230303_182339
Ana Pontón con Emilio Graña no paseo maritimo de Sada xunto a militantes e simpatizantes do BNG de Sada
Ler novas